29 de outubro de 2015

Receitas con cabaza

Hoxe xa levaron os rapaces as cabazas que trouxeron decoradas para ambientar o cole na festa do Samaín e que nos sorprenderon pola inmensa creatividade que ano a ano amosades.

                    E como hai que aproveitar ben as cabazas aquí vos deixamos unha mostra das receitas que podedes poñer en practica.



Algunha, como a de María, xa puidemos saboreala na clase o pasado martes.Estaban boísimas as madalenas!


Jose asegurounos que nos vai trer un anaquiño do seu biscoito de cabaza a vindeira semana.
Seguro que imos chuparnos os dedos.


Mil grazas a todas, mil grazas a todos.


Máis proxectos

            Desta volta foron os equipos Cinco Noites e Inseparables os que nos presentaron os seus proxectos.




O equipo das Cinco Noites destacou pola súa alegría e espontaneidade contándonos as capas da atmosfera e como construiron a maqueta que nos trouxeron.

 


         

    Quedámos coas ganas de escoitar ao equipo Inseparables xa que non lles deu tempo máis que a ensinarnos o seu traballo. A volta deste descanso xa nos explicarán que fixeron. Promete estar moi interesante.


As tres bruxas

Éranse unha vez tres bruxas  que eran irmáns. Como todos saben, as bruxas son malas. Estas foron moito mais que malas. Cando eran pequenas, a cantos cumpreanos que ían  sempre collían as chuches. Dez  anos despois morreron pero....
Si queredes sabelo seguide lendo.

Unha noite de Samaín de 1.998 ocurriu algo moi malo.

Uns nenos chamados Mariña e Raúl foron pedir  chuches pola aldea. Todo estaba normal, non habia nada extraño. Os nenos chegaron a unha casa onde non había nada de decorado e ningunha cabaza:

- Truco ou trato ?-
- Quen sodes?-
- Somos uns nenos que vimos a por gominolas-
- Entrade xa-

Os nenos estaban moi asustados, pero seguiron adiante. Cando entraron á casa encontraron a tres señoras. Elas eran bruxas...

Os nenos marcharon correndo. Salváronse, porque ... íanos comer!!!!


Autores: Raúl e Mariña 

Un conto para non dormir

Había unha vez un neno chamado Slendi. Foi castigado polo seu pai chamado Slederman, por facerlle a burla. A súa nai non estaba na casa. Slenderman deixouno so  para cazar nenos. Slenderman e a súa nai  non volveron á súa casa. O neno tiña medo  porque pensaba que morreran. 

Transladouse  a vivir co seu tío Miguel. Cando, pola  noite,  escoitou unha risa moi terrorrífica que viña do bosque, Slendi levantouse da cama para ver que era e 
-"Aaaaaaaaaaaaaa¡" 

Había un moneco cun coitelo e iba dicindo:

- "Hahahahaha"  

 De  pronto notou algo na sua espalda e era un moecego negro e cuns coitelos enormes. Slendi foi correndo por toda a casa e acabou  fóra outra vez ata que o morcego lle mordeu no colo...

Autores anónimos

Un cuento de miedo. Verónica. Capítulo !

Hace mucho tiempo en el instituto al que iban nuestros padres....


En el instituto estudiaban tres amigas. Ellas alquilaron un piso para cuatro personas. Las chicas pusieron en venta  la habitación que quedo libre. A las doce en punto de la noche tocaron a la puerta:
-Hola soy Verónica, vengo a alquilar la habitación que tenéis libre.
-Vale, estoy segura de que nos haremos muy amigas.

Al día siguiente fueron a despertar a su nueva amiga pero al abrir la puerta no estaba en su cuarto.
Antes de que empezara la segunda clase fueron a hablar con el director :
-Chicas, lo siento pero os confundís porque esa chica fue atropellada por un camión el verano pasado.
-Pero si ayer vino a nuestra casa a dormir.

Las chicas, con mucho miedo, llamaron a un cura, un policía, y dos chicos.

Autores anónimos

Un conto de medo

Érase unha vez unha familia con tres nenos que se mudaron a unha mansión encantada, pero eles non o sabían. Os nenos  chamábanse, o maior, Nico, o mediano, Pedro e  a pequena Ana. Os pais eran Erika e Adrián. Un día os pais foron a unha festa e quedaron sos. Foron á cama e escoitaron un sonido "Buuuuuuu" e pensaron que era a ventá. Pero de  repente apareceu un...
 !Un FANTASMA¡ 
Os nenos asustáronse e correron para abaixo e encontraron aos pais mortos. De alí saiu a súa alma e contáronlle que esta mansión estaba encantada. Alí foron  buscar unha pedra que rebibia aos seus pais...

Continuará...

Autoras: Iria e María

O monstro está á volta da esquina

O MONSTRUO ESTA A VOLTA DA ESQUINA

Érase unha vez unha nena chamada María. Estaba durmindo na casa de seus avos en Halloween. A ela gustábanlle moito os contos de medo. Cada noite lía un conto. Unha  vez ela leu un conto tan tan tan terrorífico que  soñou que a súa nai tamén era un monstro. Fíxose pis na cama  e estivo chorando  toda a noite sin parar.

- Non volvo  ler un conto de medo.- Dixo María.
Pero era mentira, sempre lía contos de medo é dicia sempre eso. 

María veu unha sombra na ventá. Era unha póla. Despois veu outra sombra, pero esta levaba capa con pelo corto e negro. A porta abriuse é ...

era un MONSTRO!!!!

Continuará

Autoras: Kathia e Lara 


O Cristo do Convento




      O pasado venres 16 de outubro de 2015 a terceira hora, fumos á Pastora ver a estatua "Cristo do Convento" de Francisco Leiro para logo  dibuxalo. O primeiro en rematar foi  Daniel, logo Lara,  Roman, Aitana, Iria ....


Quedaron moi bonitos

Autoras: Kathia e Sabela

Mascotas

Hoxe falaremos das mascotas dos equipos. Son estas:

  • O primeiro equipo, Superheroes, trouxo a `Super Hero' unha tartaruga.
  • O segundo equipo, Inseparables,  trouxo a `Lulu´ un oso de peluxe.
  • O terceiro equipo,  Imortais,  trouxo a Scooby-Doo o can de Mystery Inc.
  • O cuarto equipo, 5 Noites, trouxo a `Laranxa´ un oso de xoguete.
  • O quinto equipo, 4 Fantásticos, trouxo a`Mordisquiños´un crocodilo.

                                                                                Autores: Eloy, Román e Dani.

Súper en funcións


  Na nosa clase  temos un super. 

Cada neno/a  trae un envase dun produto calquera co seu prezo real. Despois colócase nunha estantería con outros produtos. 

Témolo para aprender a contar o diñeiro e a recibir as voltas, aprender cando vai  caducar un produto ... porque non podemos comprar algo que vai caducar en 7 días...
Autoras:  Iria e María

Cántoche un conto?

Hoxe, día 29 de outubro de 2015, os nenos de 5º, fomos ao auditorio de Cambados paraa ver un concerto de Luis Vallecillo que nos contou un conto de medo titulado "Cantoche un conto?" Especial Samaín.
Cantounos unhas cuantas cancións e dous xogos. Trouxo con el a sua gitarra española. Nós cremos que foi a nosa mellor excursión. Foi moi bonito, mandounos cantar e bailar, foi o noso mellor día.
Foi XENIAL!!!
Autores: Brais e Cristian

A volta do concerto


Hoxe día 29-10-2015 fomos ao concerto de Luis Vallecillo.

Estivo cantando os minutos que faltaban para que empezara a actuación coa guitarra española.

De repente, apagáronse as luces, el empezou a cantar e os profes empezaron a bailar. Foi moi gracioso!
Se vises bailar aos profes, flipabas.

No medio do musical cantou unha nana e uns poucos da clase empezaron a dormirse. Mais tarde encendéronse as luces e os dormiñóns espertaron.
Ao final cantaron unha canción que sabíamos e cantamos con el.

Despois saímos a amodiño, como di a canción.

Esta é a canción:

Na nosa escola cando soa a serea
comenzamos a brincar.
Os profes suplican que paremos
é imposible somos nenos
só pensamos en xogar e xogar.
É  moi complicado estarse quedo
a cabeza non me para
son os pés os que traballan
pero cando Saímos...
saímos a amodiño...psss
amodiño...psss psss,amodiño psss psss
sen facer nada de ruido...psss psss,
(...)
amodiño psss psss,amodiñoooo...
Autores: Dani e Jose

Afillados

Hoxe, día 29 de outubro, visitamos aos nosos afillados. Eles cantáronos unha canción titulada "Os esqueletos" e nós representamos unha obra de teatro titulada "Onde viven os monstros". 
Cando chegamos á clase de 2ºB, estaba todo oscuro con tres velas encendidas. Raúl, na obra, e case todos nós, fixemos de monstros. Sabela S. era a nai de Max, o protagonista. Miguel facía de Max, disfrazouse co seu disfrace de lobo e púxose a facer trasnadas. Cando a súa nai o chamou, Max foi xunto a ela e díxolle "VOUTE COMEEER". A nai díxolle: "Para a cama sin cear". Cando Max chegou ao seu cuarto topouse cun bosque e foi navegando polo río coa súa barca ata que chegou a "ONDE VIVEN OS MONSTROS". Os monstros empezaronlle a ruxirlle a Max e Max dixo "A calar" .... 

Buscade o libro  "Onde viven os monstros" si queredes saber como continúa a historia.
Autor: Cristian

27 de outubro de 2015

Samaín

Para irnos preparando para o concerto pincha nesta ligazon
 http://www.luisvallecillo.es/wp-content/uploads/2013/11/cantoche-un-conto.jpg

Concerto

Exposición dos proxectos

Hoxe empezaron os equipos Superheroes, 4 Fantásticos e Inmortais presentándonos os seus traballos, certamente sorprendentes e moi ben elaborados.
Deixámosvos unha imaxes.



Moitas grazas a todos os que estivéchedes traballando xuntos e especialmente ás familias que tamén estiveron cooperando para acadar uns traballos de tanta calidade.

23 de outubro de 2015

Emocionario

Nós, os nenos e nenas de 5ºB, temos un sitio chamado "Emocionario" onde poñemos palabras sobre como nos sentimos. Cada vez que sentimos algo importante, nun papel escribimos como estamos e, ante toda a clase, o explicamos. Algunhas das palabras son graciosas e outras fan pensar moito. Moitas veces hai colores alegres cos que pintamos o que escribimos para ter un recordo dese día. Eu quixera compartir a palabra "CANSADO" porque me despertín bastante pronto e acosteime moi tarde. Algúns fixeron once palabras e outros oito. Por exemplo, Dani díxonos que se sentía "ESPAÑOL"polo Día da Hispanidade. Tamén puxo que se sentía FRANCOTIRADOR cando mete gol. Eloy  síntese ``ESTUPENDO´´ porque xa non lle doe a barriga. María síntese ``LORO´´ porque fala moito. Tamén  Pedro escribe que se  sinte  ``DOIDO´´  porque lle pasou algo que, a min, o redactor (que son o seu amigo) ( mellor ) me dixo que  non quere que saia neste blogue, bastante visitado polas nais. Un saúdo a todos, o autor .




Autor:  Román

Atmosfera

Hoxe día  23 de outubro, eu,  Laura,  fixen un debuxo da  atmosfera. Estás son as capas que puxen : Troposfera, Estratosfera, Mesosfera, Termosfera e Exosfera. Na troposfera están os avións a racción , os globos tripulados, as precipitacións . Na estratosfera están os globos meteorolóxicos e os avións supersonicos. Na Mesosfera están as estrelas fugaces e os raios cósmicos.  Na Troposfera están  as nubes luminosas e  as naves en órbita terrestre. Na  Exosfera están os sátelites artificiais e as auroras boreais. Estas son as capas da Terra . Chao. Esta é a foto.

Autora: Laura

22 de outubro de 2015

Cometas, asteroides e meteoritos

Bos días . Hoxe 22 de outubro, a min, Raúl,  un alumno de 5º B,  ocurréuseme facer un escrito sobre os astros. Na redacción estaban escritos os cometas, os asteroides e os meteoritos.
Así poderemos saber que hai tres tipos de astros. Os meteoritos ao golpear coa atmosféra  ferven  e creanse as estrelas fugaces.
Os asteroides forman un cinto e separan os planetas interiores e exteriores. Nos interiores esta o noso  planeta a Terra.
Este é o meu traballo:


Autor: Raúl 

20 de outubro de 2015

Exercicios de repaso e de reforzo

Para buscar unha maneira entretida e amena de practicar con diferentes exercicios de matemáticas e outras áreas, pincha na seguinte ligazón:
                                            Exercicios de repaso e libros de texto.

Repaso de operacións combinadas:
Resultado de imagen de operaciones combinadas imágenes

Para que practiquedes na casa o cálculo mental rápido de divisións podedes clicar nesta ligazón:
http://genmagic.net/repositorio/displayimage.php?pos=-181  Tendes que clicar en "Imprimir  ejercicios" e teredes unha ficha igualiña á que vos poñemos na clase. Tamén podedes facelo directamente no ordenador se clicades en "Iniciar/ Start".