26 de febreiro de 2016

Programa de radio

Hoxe estrenamos equipos de locutores de "Radio Patio". Estrenaron o espazo os "4 Fantásticos" que fixeron unha excelente selección de música, novas, adiviñas e incluso unha entrevista. Non foi menos o equipo "Inseparables "que tamén acertou coa música, tiñan unha entrevista, novas, do cole, de Galicia, de España e Internacionais e unha sección de chistes que nos fixo pasar un rato moi agradable. Reiniciaremos as sesións de "Radio Patio" o vindeiro martes.

25 de febreiro de 2016

Preparando o invernadeiro

Mariña, Miguel e María foron os encargados de montar eles soíños e sin axuda o invernadoiro que imos estrenar a vindeira semana. Seguiron perfectamente as instrucións do manual e deixárono perfecto. Están feitos uns profesionais.



Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro foi o día de Rosalia de Castro. Primeiro, actuaron Pedro  e unhas rapazas de cuarto tocando a pandereta, moi bonito. Os de quinto (nós) recitamos dous poemas: "Un repoludo gaiteiro" e "Adios ríos, adios fontes".

Casi todos os cursos recitaron poemas moi bonitos e alegres.Os de primeiro recitaron un poema, pero non se escoitou casi nada; foron moi divertidos. Un rapaz de sexto parecía procupado.

Autor: Eloy Pérez Besada


Na honra de Rosalía de Castro a nosa clase tivo unha participación moi intensa. Pedro cantou, coas súas compañeiras de Volandeira acompañado das panderetas. Que ben o fixeron. Quedamos todos realmente impresionados. Pedro ten unha voz preciosa e cantou moi ben.


Tamén recitamos o poema "Un repoludo gaiteiro" con Pedro vestido para a ocasión e Sabela representando ás mozas das romerías namoradiñas todas do seu tocar. Quedou precioso, Dani, Miguel, Brais, Lara, Kathia, Raúl, foron os encargados de recitar os seus amoríos. 
Logo rematamos recitando toda a clase "Adios ríos, adios fontes " co final tan duro que nos comunicou Iria, que dor a de termos que marchar ... e desfilamos coas mochilas para representalo.




Experimentos

De novo empezamos a rolda de exposicións e de experimentación. Desta volta trátase de poñer a proba os nosos órganos dos sentidos. Xa expuxeron dous equipos.

Inseparables amosounos unha presentación sobre o Gusto e deunos a probar diversos sabores.


O equipo dos Inmortais falounos do Oido. E soubemos diferenciar a procedencia de case todos os sons que nos presentaron, agás agún que se nos resistiu a todos.



O equipo dos 4 Fantásticos inicio a exposición sobre o Olfato. Con que nos sorprenderán?
Nada menos que cun experimento no que tiñamos que adiviñar varios produtos polo cheiro. Na primeira parte presentaron os seguintes: tabaco, pos de talco, iogur, allo, queixo e wisqui. Este grupo falounos das persoas con hiperosmia e a súa capacidade olfativa, das anosmias, hiposmias e de problemas como a rinitis ou a sinusitis.





O equipo das Cinco Noites falounos do sentido da Vista e puidemos aprender partes do ollo que non coñeciamos, como o humor vítreo. Pero o máis interesante estivo na parte final cando nos presentaron as ilusións ópticas. Logo vimos moitas outras e algunhas prepararémolas na clase para sorprendervos a todos. Preparádevos.




Excursión a Coruña

O martes fixemos unha excursión incrible. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. O mellor foi a felicitación que recibimos no Acuario polo noso excelente comportamento. Tanto que mesmo nos agasallaron con dous libros para a biblioteca porque fomos o  colexio  con mellor comportamento no que vai de ano, dos que visitaron estas instalacións.
Noraboa rapaces e rapazas.



22 de febreiro de 2016

Repasamos os ósos

Hoxe non me podía crer que xa vos esqueceran os ósos que tan ben sabiades en terceiro. Así é que vos poño de novo a canción que cantabamos en terceiro, para que vos sexa máis doado aprendelos de novo. E ollo, que tamén hai que saber os músculos. O mínimo é saberse ben seis osos e seis músculos. Para acadar o sobreasaínte tedes que saber o nome de todos os que vimos en quinto.


18 de febreiro de 2016

Lendo para os nosos afillados

Un grupiño de compañeiros da clase estiveron hoxe cos afillados e prepararon para eles o conto de Cosme. Penso que disfrutaron tanto os lectores como os espectadores. Grazas pola vos implicación e entusiasmo raparigos.

Perú con Marycielo e Katherine

Hoxe tivemos o privilexio de escoitar unha excelente presentación sobre Perú. Tamén puidemos degustar un dos seus platos típicos e unha bebida moi especial: Causa Limeña e emoliente.


16 de febreiro de 2016

Castelao: Investigando

A nosa clase recibirá o nome de Aula Castelao na honra deste escritor galego tan importante.
O venres pasado estivemos reinterpretando algunha das súas láminas.
Interpretación de Lara

Interpretación de Aitana

Interpretación de Dani




Hoxe, na biblioteca buscamos, por primeira vez, información sobre este autor na ENCICLOPEDIA. Como non había enciclopedias suficientes para todos os grupos, algúns alumnos buscaron a información en internet. Polo de pronto sabemos que o nome deste autor era: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O pasado 30 de xaneiro, día da paz, celebrouse o 130 aniversario do seu nacemento.
Hoxe tamén vimos que, no tempo de Cabanillas e de Castelao a esperanza de vida era de 40 anos para as mulleres e aínda menos para os homes. Afortunadamente dende 2012 a esperanza de vida para as mulleres pasa dos 80 anos e a dos homes achégase aos 80 anos. Unha  mellora ben importante. Cando morreu Castelao? Cantos anos tiña?. Cantos fillos tivo? Hai moitas cousas que aínda nn sabemos. Seguiremos investigando. Daquela, a xente tiña máis de catro fillos e agora soe ter un ou dous.
Dise que a poboación de Galicia está envellecida. Iso é un problema serio. Un problema que a vós, meus queridos rapaces vos tocará resolver nun futuro non moi lonxano. Seguiremos estudando para mellorar eses futuro.

Partido Matado no patio

De novo foron os alumnos de 5º A e 5ºB os protagonistas no patio no día de hoxe. Tocou partido matado. O xogo estivo moi igualado e case remata en empate. Desta volta ganaron os nosos compañeiros de 5ºA, pero o máis importante é que estivemos todos xuntos e pasámolo moi ben.

Axudantes de biblioteca

Hoxe, dúas das nosas compañeiras estiveron facendo untraballo ben especial na biblioteca. Encargáronxe, xunto cun compañeiro de sexto curso, de supervisar a ordenación alfabética e a correcta colocación dos libros nos estantes correspondentes. Menos mal que puideron botarnos unha man porque atoparon algún libro da letra Z colocado cos da C. Menudo despiste. Moitísimas grazas raparigas.


14 de febreiro de 2016

San Valentín cos afillados

Para celebrar o San Valentín recibimos un bonito agasallo dos nosos afillados, que levaron tam´n un enorme corazón cunha carta moi especial no que de verás os deixou moi emocionados. O intercambio de bicos, mimos e apertas ía incluído.





No eres buena, eres mejor

Hoxe tivemos unha sesión moi especial. Perto do día de San Valentín tocou facer unha reflexión sobre o valor da diversidade e o que cada un aporta dende a diferenza. E dese xeito cada un foi sendo quen de dicirlle en voz alta a un amigo ou amiga da clase "No eres bueno, eres mejor ..." Pronto o verán tamén por escrito.

11 de febreiro de 2016

A Camelia

O Concello de Cambados está a preparar unha mostra sobre A Camelia e pediu a participación dos colexios. As propostas que trouxeron os alumnos de quinto foron ben orixinais e creativas. Non queda máis que felicitalos polo seu exquisito bo facer. Grazas tamén a todas as familias pola súa implicación no proxecto. Estes son so algúns dos traballos elaborados:

Clube de lectura

Hoxe, os participantes do Clube de lectura tiveron a súa primeira tertulia na Biblioteca coa profesora Paula durante o tempo de recreo. Tratábase de falar e poñer en común o que viviron e sentiron a través das páxinas do primeiro libro desta andaina: "Contos por Palabras", de Agustín Fernández Paz.
Dos contos escritos por Agustín, que sempre aparecen encabezados por un recorte do xornal, gustoulles moi especialmente o do Unicornio Azul, ou mellor dito o da Unicornio azul, pois era unha femia buscando parella! Pero tamén lles meteu moito medo o de Drácula e o do home lobo. A Iria o que máis lle gustou foi o das infinitas historias, un libro impresionante que vai cambiando a historia segundo os desexos do lector. Claro que este so pode introducir tres cambios ... Todo un mundo por descubrir.
Logo Paula xa lles presentou outros moitos libros moi interesantes... Que apetito lector!!!!

Monitores de xogo

No cole os alumnos e alumnas de quinto e doutras aulas colaboran durante o tempo do recreo prestando un valioso servizo á nosa comunidade educativa. Neste caso foron Sabela P. , Érika e Román os responsables da tarefa. Eles foron os Monitores de xogo no patio dos pequenos. Parece ser que, desta volta tiveron moito éxito coas súas propostas dado que estiveron xogando con eles nada menos que 18 pequerrechos. Noraboa! e moitas grazas.

5 de febreiro de 2016

Festival de Entroido

Pasámolo moi ben.
Xa vos contaremos.
Aqui vos deixamos unhas imaxes:

Xa está case todo listo. Así nolo amosa a nosa diseñadora Érika: Incluso, no último minuto, ao remate da proba de castelán, varios compañeiros estiveron axudándolle a un dos nosos amigos que non o dera rematado. Moitísimas grazas a todos. Nótase que todos cooperamos e que o espíritu de colaboración prevalece.