30 de marzo de 2016

Viaxando por España, viaxando por Europa

Empezamos coas exposicións orais acompañadas das presentacións que preparachedes para irmos coñecendo un pouquiño máis de España  un pouquiño máis de Europa. Estas son as primeiras:

Seguirán moitas máis.



Con Marco Lucato e o Coro das Emocións

Hoxe tivemos o privilexio de contar no centro coa visita de Marco Lucato, director de coro e profesor na Escola Universitaria de Educación de Pontevedra. A sesión foi expléndida e o resultado realmente emotivo, como non podía ser doutro xeito con dous profesionais tan incribles: a profesora Lucía e Marco Lucato.
Contamos coa colaboración de Teo ao piano e o estreno como "directores" de Noemi e Pablo. Toda unha experiencia.






16 de marzo de 2016

Fluído Newtoniano.

Hoxe Sabela Seijo sorprendeunos a todos cun experimento moi interesante. Chámase "Fluído Newtoniano" e foi unha introdución fantástica para o apaixoante tema da materia e os materiais que nos rodean.


Saída de emerxencia

Hoxe fixemos unha saída de emerxencia. Como foi a primeira do ano nesta aula, moitos quedamos un pouco sorprendidos. Saiu xenial, pero aínda podemos mellorala se baixamos en silenzo.

15 de marzo de 2016

EXAMEN DE MATEMÁTICAS

O outro día tivemos o examen de matemáticas dos decimais.  Era moi fácil para algúns e para outros non. HABÍA UN EXERCICIO DIFÍCIL que era  o 10.


 Autoras: LAURA E  SABELA

Exposición: Viaxando por España

Empezamos a rolda de exposicións da viaxe por España.
Desta volta a exposición oral tiña que estar acompañada dunha presentación de diapositivas (power point ou Impress) sobre a provincia ou comunidade autónoma que cada alumno escollese.
Polo momento María falounos das Illas Canarias. Parecía unha verdadeira profesora. Aprendemos moito e dunha maneira máis divertida. As imaxes e os textos que escolleu para nós estaban moi ben preparados.
De seguida, Iria falounos de Galicia. Si, parecía que xa sabiamos moito da nosa comunidade, pero xusto escolleu detalles moi interesantes que nos sorprenderon, como o da relación das denominacións de orixe que temos no mundo dos viños galegos.
Seguiremos coas exposicións ao longo da semana. Seguro que nos sorprenden.

Radio Patio

No día de hoxe, despois dunha semana de espera, retomamos as sesións do programa de radio para o tempo de recreo que foron preparando os grupos da aula. Empezou o grupo dos Superheroes que repetirán o programa dado que tiveron uns problemiñas de axuste nas intervencións. Seguiron cun expléndido programa do equipo dos "Inmortais" para rematar co programa preparado polo grupo "Cinco Noites". Pasámolo realmente ben escoitando a entrevista que lle fixeron á profe Mónica e a Brais. Pero tamén disfrutamos dos chistes, as adiviñas e como non, da música, que nos puxo a todos a bailar con moito ritmo. As noticias tiveron que sufrir algúns retoques porque estaban preparadas para a semana pasada e non se axustaban moito ao momento presente. Con todo cabe destacar que os radio-oíntes disfrutamos do programa e os locutores, de seguro, aprenderon a mellorar a súa vocalización e a manter o micro preto da boca cando falan!

Os mundos de Coraline

Onte tivemos unha sesión de reflexión moi intensa. Empezou co visionado dunha película que nos trouxeron as nosas compañeiras do SPAD de Vilagarcía. Logo na clase tivemos unha pequena tertulia sobre o que acontecera na película e o noso comportamento na casa coas nosas nais e os nosos pais, sobre o cumprimento dos nosos desexos ...

8 de marzo de 2016

Sementamos

Empezamos a sementeira nos pequenos invernadoiros que imos coidar frente á nosa aula. Hoxe, pesamos, medimos, calculamos o volume, vimos materiais e características, fixemos conxeturas ... e como non: SEMENTAMOS. Polo momento so temos eneldo, albahaca e cayena. Mañá seguiremos.


Hoxe fixemos unha plantación de rabanos, pementa vermella, eneldo, leituga e albahaca.

Para a plantación tivemos que ter estes obxectos: terra, sementes, moita auga, guantes, macetas...

Estivemos pesando a terra, as botellas de auga, as sementes...

As persoas que participaron foron : Kathia, Érika, Sabela .S, Cristian, Román e eu (Dani)

1º Román leu o que había que facer no set para a plantación.

2º Kathia e Érika botaron a terra nos recipientes.

3º Sabela S. e Cristian botaron a auga na terra.

4º Ao final eu escribín os nomes nunhas etiquetas de plástico.

Isto foi o que fixemos. Ata outra!
Autor: Dani

Exposicións orais: Europa

Empezamos a descubrir Europa.
Iniciamos a rolda de contacto coa presentación que nos fixo o equipo de Inmortais: Alemania. Un moi bo comezo. Continuou o grupo Superheroes que nos falou de Italia. Canto nos queda por descubrir !!!

Día da Muller traballadora

Hoxe falamos da muller traballadora, da necesidade de defender os dereitos no traballo e da importancia de falar con corrección e boas maneiras. Vimos o vídeo "Defiéndete Alice" e poñeremos en práctica unha pequena representación onde uns farán o papel de xefes e os outros de mulleres traballadoras. Veremos o resultado!
O concello de Cambados tamén ten un amplo programa para celebrar esta efeméride. Deixámosvos o avnace do mesmo.
O día 8 de marzo foi o día da muller traballadora que algunhas chicas odian pois queren ser, por fin, aceptadas como os homes. Xa intentan ter os mesmos traballos dos homes para conseguir a igualdade.
Nun tempo as chicas non podían ir ao colexio pero había unha rapaza que se facía pasar de home para aprender.
E o peor é que cando chegan á casa aínda teñen que darlles de comer aos fillos, axudarlles e perden todo o tempo traballando.
E así é como se fixo o Día da muller traballadora.
Autor: Miguel

ReflejArte

Dentro do programa de Educación Responsable, onte estivo na clase a profesora Encarna, responsable dos recursos de ReflejArte e con ela aprendemos a expresar emocións e crear volume no espazo simplemente partindo duns puntos e do trazado de líneas rectas. O resultado é realmente sorprendente.

3 de marzo de 2016

Radio patio

Hoxe, os  nenos  do grupo "4 Fántasticos" fixeron, durante o recreo, un programa de radio. Que  guai! O que fixeron foi extraordinorio. Empezaron con novas do día da muller e seguiron  cunha entrevista á profesora Rosa. Foi moi divertido. 


Autora: Laura

Exame de ríos e montes.

Bos días, hoxe o día 3 de marzo do 2016, en directo,  Dani.

Estamos facendo un exame que, como xa virades no título, é dos ríos e montes de España.

Os ríos son: Miño, Douro,Texo, Ebro, Guadiana, Guadalquivir, Segura, Turia e Xúcar

Os montes e cordilleiras son: Macizo Galaico, Cordilleira Cantábrica, Sistema  Central, Sistema Ibérico, Serra Morena, Cordilleiras Béticas e Serra da Tramuntana.

Espero sacar un 10. Hai que ver se pasa.


Autor:Dani















CASTELAO

Esta semana dedicamos o tempo de arte ao famoso Castelao.
Un escritor e pintor moi conocido de aquí, de  Galicia. 
Castelao naceu en Rianxo. 
Aos 8 anos emigrou a Arxentina cos seus pais.

AUTOR: Raúl

O comedor do Magariños

Hoxe, 3 de marzo tiven a idea de explicarvos como é o comedor para os nenos qure non o coñezades.
No comedor temos un menú bastante equilibrado. Eu non sei que imos comer hoxe, pero seguro que está rico.
Cando terminamos de comer vamos lavar os dentes. Cada neno ten que traer un neceser con cepillo, pasta e vaso para enxaguarse. Despois de lavar os dentes, algúns nenos queren ir ao patio. Teñen que esperar no pasillo sentadiños e caladiños. Outros van para a biblioteca porque teñen moitos deberes, ou queren ler ou estudar.
Cando terminamos de esperar na fila saímos ao patio cunha das encargadas do comedor. Despois, cando a monitora nos di que temos que saír mándalle a un dos nenos coller as pelotas para xogar e as chaves para abrir a porta. Despois so temos que xogar. Pero ás tres e media saímos do patio para xogar dentro cos monecos ou cos ordenadores.
Cando termina a xornada, ás catro da tarde, os nosos pais lévannos á casa e ese sería un día normal no comedor.
O comedor gústame moito porque estou cos meus amigos.

Autor: Román

2 de marzo de 2016

Repasando a función de relación

Cun pouco de teatro parece que nos entendemos mellor así que representamos a función de relación cos seguintes protagonistas e accións: Brais- cactus pincha a Cristian- órgano da pel que llo comunica a Laura, Aitana, María ... neuronas dos nervios sensitivos comunicando a información do pinchazo á médula (Alonso, na mesa do profe) que transmite, polas neuronas dos nervios motores  (Jose, Pedro, Román ..) a orde de retirar a man. Executarán a orde os órganos efectores, neste caso Iria- "huesitos", Miguel - musculitos unidos polo tendón- Érika.
Mañá toca demostrar que quedou claro!

Obradoiro de bebidas saudables

De novo o servizo de prevención de drogodependencias estivo no cole hoxe pola mañá para falarnos de aspectos moi sorprendentes en relación ao consumo do alcohol. Na sesunda parte da sesión vimos como preparaban uns deliciosos batidos con froitas que logo puidemos probar. Estaban realmente ricos! Como moitos querían repetir na casa levamos as receitas. Xa vos contaremos.
Hoxe, día 2 de Marzo, viñeron ao colexio Antonio Magariños as chicas do obradoiro.
Chámanse Angela, Carmen e Estefana e contaron cousas sobre o alcohol.
Tamén nos dixeron que fumar facianos moito dano no noso corpo; os pitillos fan dano aos pulmóns...
Hai moitos alimentos que nos fortalecen o  corpo como o peixe, a pera, o ovo...

Logo déronos para probar batidos de froitas e mandáronos moitísimos tipos de batidos nun folio.

Autor: Miguel Tubío Galán