28 de setembro de 2017

"O libro perdido"

O Plan Lector de hoxe foi especial pois baixamos á biblioteca cos nosos compañeiros de 5ºA e alí presenciamos unha pequena representación teatral na que un libro se perdera e non sabía como atopar a súa casiña, xa que non tiña etiqueta.
Claro que os nosos Axudantes de Biblioteca do grupo de teatro se encargaron de diseñar de novo a etiqueta perdida tendo en conta o número que lle correspondería na CDU e a cor, as tres primeiras letras do apelido do autor en maiúscula e as tres do título (sen artigos) en minúscula.
Xa recuperada a etiqueta, o libro atopuu perfectamente a súa casa e nela estaba o seu inmá xemelgo á espera. Todo un éxito.
Parabéns para os actores e actrices e tamén para os axudantes de biblioteca que se aseguran de que os libros estean sempre en perfecto orde.

Redescubrindo a Biblioteca

Hoxe, na hora de Biblioteca, a profesora Esther recordounos as normas básicas de funcionamento da mesma, pero descubrimos algunhas novidades: as caixiñas de exposición das revistas, un lugar especial para as revistas e publicacións que fan os alumnos do centro e outro estante con libros de texto de diferentes editoriais para consultar formas diferentes de abordar diferentes temas. Todo un mundo por descubrir. Xa estamos preparados para empezar a funcionar na vindeira semana.

27 de setembro de 2017

Na Aula de Informática

 Hoxe ás 10:05 viñemos á aula de informática a xogar a un xogo nos ordenadores. É un tipo máis divertido de aprender as matemáticas.
Autor
Mateo Santos



26 de setembro de 2017

50 Aniversario con Antonio Magariños





Hoxe estivo no centro D. Antonio Magariños, neto de D. Antonio Magariños Pastoriza. Estivo falándonos de como era a escola antes de que empezase a funcionar o colexio Antonio Magariños. Falounos da Escola do Convento e, por suposto, do seu pai. Unha das profesoras do colexio, foi alumna do centro cando se inaugurou este alá no ano 1967, a profesora Rosa Oubiña.
Foi todo un pracer escoitalo e aprender.

Moitas grazas, D. Antonio Magariños.





Hoxe tamén puidemos ver que xa colocaron o cartel conmemorativo que recolle os debuxos que fixeron os alumnos do centro para o evento e tamén unha caricatura de Antonio Magariños coa que nos agasallou Xandre Otero, fillo do noso querido pintor e mestre do centro Saúl Otero.

Grazas rapaces, grazas Xandre.

Dado que é importantísimo contar cun bo reportaxe gráfico, precisamos contar coa vosa colaboración para montar unha gran exposición de fotografía relacionadas co centro e coa escola dende a época da Escola do Convento: festas, saídas, excursións, festivais, xogos, libros, exposicións ...

Esperámolas con entusiasmo. Forman parte da historia; da nosa historia.


Un selo para o 50 Aniversario

Con motivo do 50 aniversario, un selo diseñado por unha alumna do colexio vai percorrer España alá onde o leven as cartas. A nosa aula participou, coas outras aulas neste concurso de selos e unha das nosas compañeiras acadou o terceiro posto. Noraboa Irene!



Recollendo sementes

A semana pasada fomos visitar a horta na que traballaron os nosos compañeiros de sexto do curso pasado. Estaba todo seco e cheo de herbas porque ninguén atendeu a horta no verán.
Aínda así setembro é a época da recollida de sementes.
Así é que aproveitamos para recoller varias hortalizas para logo poder recollerlle as sementes: leituga, tomates, pementos e cabaciñas.
Tamén aprendemos que as plantas, ademais de reproducirse de forma sexual a través das sementes, poden reproducirse de forma asexual e vimos varios exemplos:
os estolóns dos amorodos.
os tubérculos da pataca,
os bulbos de cebolas ou allos,
os rizomas da menta
e os esgallos de varias silvas que non nos interesaba nada ter alí.




No medios das plantiñas que recollemos atopamos moluscos (caracois) e artrópodos (insectos e miriápodos).


Hoxe tocou extraer as sementes e observalas coa lupa, especialmente as da leituga, que eran moi pequeniñas.
Observando coa lupa descubrimos tamén os mofos que se criaran nun dos tomates que se nos pudriu na clase.
Así é que nun so momento démoslle un bo repaso a tres dos cinco Reinos que imos estudar polo miúdo.




25 de setembro de 2017

Elección de Delegado/a e Subdelegado/a de curso

Hoxe tiveron lugar as eleccións a delegado/a e subdelegado/a de clase.

A semana pasada iniciouse o proceso electoral e presentáronse tres candidatos ao cargo: Salomé Xabeir e Brais.
A semana pasada transcorreu  unha moi interesante campaña na que os tres candidatos defenderon o seu programa e as súas propostas, prepararon  carteis e papeletas animando ao voto e  celebramos unha mesa redonda na que os compañeiros puideron facerlles as preguntas que consideraron oportunas.

Hoxe tivo lugar o sorteo para a constitución da Mesa Electoral e procedemos á votación segundo a cal tmos como delegado a Xabier e como subdelegada a Salomé.

Parabéns para os tres candidatos por presentar as súas propostas e estaren dispostos a trabllar pola mellora da clase e do colexio.

Reprodución das plantas

Visitade o blogue de 5ºA e veredes un vídeo moi clariño sobre a reprodución das plantas.

Cálculo rápido de divisións

Para practicar co cálculo rápido de divións co ordenador podes clicar aquí:

Big Bang

Para saber algo máis sobre a orixe do universo:


Horario de 5ºB no curso 2017- 18

Día/Hora
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:00  -  9:50
MATEMÁTICAS
INGLÉS
MATEMÁTICAS
EDUCACIÓN FÍSICA
RELIXIÓN/
VALORES
9:50 - 10:40
CASTELÁN
EDUCACIÓN FÍSICA
MATEMÁTICAS
(Informática)
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
10:40 - 11:30
MÚSICA
CASTELÁN
(Abalar)
PLÁSTICA
CASTELÁN
(Biblioteca)
INGLÉS
11:30 - 12:00
RECREO
12:00- 12:20
PLAN LECTOR
12:20 - 13:10
C. SOCIAIS
C. DA NATUREZA (Biblio)
INGLÉS
GALEGO
GALEGO
13:10 - 14:00
GALEGO
GALEGO
CASTELÁN
(Prensa)
C. DA NATUREZA
C SOCIAIS




















Empezamos coñecéndonos e falando un pouco das vacacións mentres construimos unha tea de araña de relacións e practicamos a escoita activa ... que non é doado!

Uns días despois tamén logramos líar na tea de araña aos vosos pais e nais, igual de comprometidos no traballo coordinado. Xuntos facemos un gran equipo.