26 de decembro de 2017

Festival

O día do Festival de Nadal deste ano formará parte da historia do colexio xa que, despois de case dez anos, volveron asistir as nais e pais do alumnado para disfrutar das actuacións dos seus fillos.
Para ver os vídeos coas grabacións podedes clicar na seguinte ligazón:
Canción 50 aniversario
Teatro
La zarza
Oh happy day
Para ver as actuacións dos demais cursos podedes acceder dende a páxina principal do colexio na seguinte ligazón:
Outras actuacións

Cabe felicitar a todos os que colaboraron para que este día fose realmente especial, empezando pola profesora de música que conseguiu un nivel de canto, de afinación en todos os grupos ... de beleza,  impresionante; ao profesorado de inglés, polo nivel acadado na pronunciación das panxoliñas en lingua inglesa;  ao profe Beni, pola composición da canción que introduciu o festival para conmemorar o 50 Aniversario do colexio; á profe Esther por preparar todos os decorados, ao noso director Alfonso por realizar todas as xestións para conseguir o escenario, as cadeiras, as cortinas; a Jorge, pola supervisión do equipo de imaxe e son e, como non, a todos os titores e especialistas que se implicaron para conseguir un gran día e unha gran festa compartida.

Despois do festival a nosa aula acolleu aos seus afillados lectores, aos que lles entregamos un corazón co desexo dunhas Felices Festas, e cos que compartimos unha merendola. O día rematou cunha festa na que todos acabamos bailando.



Trala entrega de notas, acadamos o compromiso de seguir traballando para aprender máis cada día.

Visita ao Asilo

O pasado mércores visitamos a Residencia de Anciáns.
 Alí cantámoslle varias panxoliñas aos nosos maiores e saudámolos con moito cariño desexándolles unhas moi felices festas.

 Logo visitamos a exposición de Beléns do mundo e quedamos realmente abraiados vendo Beléns tan variados e creativos dos cinco continentes.

Foi unha experiencia preciosa e cabe felicitar o marabilloso comportamento e cariño que amosaron todos e cada un dos nenos e nenas da clase. Todo un orgullo!



18 de decembro de 2017

Limpando a praia

Hoxe realizamos unha actividade moi bonita e de grande responsabilidade para o coidado do medio, e moi especialmente para o coidado do noso ecosistema mariño.
 Escoitamos a Luis que nos presentaba na aula os distintos animais e prantas que podiamos atopar na zona de exploración.


 Logo saímos cara o Muíño da Seca para recoller o lixo da contorna e clasificalo, para logo botar nos contedores correspondentes.






 Vimos garcetas, garzas reais, espátulas, ocas e, por suposto, gaivotas.




 Recollemos lixo de todo tipo, pero o que máis abundaba eran os plásticos. Había latas, vidro, metais, redes, materiais de construción ...


 Todos aprendemos que é moi complicado limpar e recoller, incluso perigoso. Pola contra apenas nos costa traballo tirar o lixo no contedor correspondente, Fagámolo ben, polo ben de todos.

 Grazas Mateo, pola túa implicación; aos demais por seren tan bos compañeiros, responsables e solidarios;  e aos monitores por facernos partícipes dunha experiencia única.

Ecosistemas

Xa nos presentaron os últimos ecosistemas:
O equipo Molóns expuxo o ecosistema da selva amazónica e sorprendeunos con moitos dos animais que alí habitan.


O equipo dos Bananas presentou un ecosistema mariño.

Vimos tamén moitos tipos de animais e aproveitamos para repasar as condicións do medio físico que tanto inflúen neste tipo de ecosistemas.
Grazas, equipos!


5 de decembro de 2017

Constitución e Estatuto.









Como en anos anteriores, na víspera da celebración da Constitución e do Estatuto de Autonomía xuntámonos todos os rapaces e rapazas do centro para recordar esta data e lermos artigos das dúas cartas magnas.
Os artigos que lemos os alumnos e alumnas da nosa aula estaban relacionados coa Facenda e o pago dos impostos, concretamente o artigo 31 da Constitución e os artigos 42 e 44 do Estatuto de Autonomía. Para facerllos máis doados de entender aos máis pequeniños preparamos unha pequena representación na que iamos poñendo cartos na caixa da Facenda do Estado español , logo viamos como chegaban os cartos á caixa da Facenda de Galicia e por último escoitamos en que se ían gastar os cartos antes recaudados. Os máis pequenos estiveron moi atentos e seguramente o entenderon moi ben.

4 de decembro de 2017

Decálogo

Varios nenos presentaron hoxe os seus decálogos para evitar o quencemento global e o cambio climático. Unha das propostas máis orixinais foi a de Martiño, xa que fixo un preciosos móbil con cartón de leite de reciclaxe. Quedoulle ben bonito. Tamén puidemos aprender moito das propostas de outros compañeiros: onde tirar en Cambados o aceite (que nunca se pode tirar polo fregadeiro), ou como evitar o uso de aerosoles, reducir o consumo de plásticos ... Moito para pensar. E para practicar, por suposto!

Produtos para a cooperativa

Hoxe varios compañeiros presentaron as súas propostas de produtos para a cooperativa. Algún moi orixinais e interesantes. Outros moi bonitos, pero tal vez algo caros. Haberá que valorar si son viables no estudo de mercado. Xa temos ganas de ir coñecendo máis propostas.Mirlitón de Brais

Vaso decorativo de Mateo S

Libretiña de notas de Carolina

 Postal de Cambados de Candela

Caixiña sorpresa de Salomé

 Pinzas suxeitapapeis de Martiño

Peonza de Nicolás

 Pelotiña saltarina de Irene
Chaveiro de Mateo M
 Tres en raia de Mencía